Xuntanza Interxeracional de Limpeza no areal da Frouxeira

A iniciativa, que promove o Océano Surf Museo, celebrarase o sábado 18 de xuño a partir das 11 h con participación aberta á veciñanza
limpieza-playas_auto_x2

O Concello de Valdoviño, a través do Océano Surf Museo, promove a I Xuntanza Interxeracional de Limpeza Ambiental na Frouxeira. Unha iniciativa, para conmemorar por partida doble o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) e dos Océanos (8 de xuño), que se celebrará o sábado 18 de xuño a partir das 11 h. Está aberta ao público en xeral, e o punto de quedada será o parque infantil da contorna.

Unha acción colectiva coa que se busca concienciar sobre a necesidade preservar o medio mariño que dará pé a unha segunda acción: o I Concurso de Eco-esCultura Concello de Valdoviño. Así, convocarase para o 2 de xullo un certame no que as esculturas se realicen a partir dos residuos retirados na xornada precedente. Unha segunda vida creativa para estes. Informarase en vindeiras datas dos prazos de inscrición no concurso.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.