Valdoviño estrea o seu segundo campo de herba artificial

Na actuación investíronse máis de 300.000 euros, e tras un longo proceso, as instalacións situadas en Lago póñense a disposición dos clubs
O alcalde, Alberto González visitou hoxe as novas instalacións | CONCELLO DE VALDOVIÑO
O alcalde, Alberto González visitou hoxe as novas instalacións | CONCELLO DE VALDOVIÑO

O Concello de Valdoviño recepcionou esta mañá as obras do campo de fútbol de herba artificial de Mourente, en Lago. O alcalde, Alberto González, e os concelleiros de Deportes, Sergio Saavedra; Servizos, Germán Gómez, e Obras, Alejandro García, realizaban unha visita de fin de obra cos técnicos da Deputación provincial da Coruña, que cofinanciou a intervención, e o director de obra.

Valdoviño estreará así o seu segundo campo de herba artificial, tras unha intervención non exenta de vicisitudes. Entre elas, a rescisión do contrato á empresa adxudicataria, o que obrigaba a sacar de novo a licitación a actuación nun farragoso proceso administrativo que se prolongou por espazo de 2 anos. 

Investíronse no campo máis de 300.000 euros, dos que uns 270.000 corresponderon aos traballos para habilitar o campo de fútbol de herba artificial, sistemas de rego, saneamento, construción de canalizacións e beirarrúas e algo máis de 33.000 euros, á renovación dos sistemas de iluminación, substituíndose os 16 proxectores anteriores por 28 de diferentes tipos de tecnoloxía LED.

Investíronse no campo máis de 300.000 euros, dos que uns 270.000 corresponderon aos traballos para habilitar o campo de fútbol de herba artificial | CONCELLO DE VALDOVIÑO

Así mesmo, está en execución unha terceira intervención, de construción de tres novos vestiarios no lateral das gradas cun investimento cercano aos 130.000 euros.

A actuación era unha necesidade, xa que o terreo de xogo presentaba graves deficiencias, xa dende a súa construción, o que impedía un uso continuado. Unhas instalacións que agora poderán ser utilizadas polos clubes locais, fomentando especialmente as escolas de fútbol de base, tal e como sinala o alcalde. 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.