Preto de 30 persoas de todas as idades e diferentes nacionalidades tomaron parte esta mañá na I Xuntanza Interxeracional de Limpeza Ambiental na Frouxeira. Unha iniciativa organizada polo Océano Surf Museo de Valdoviño no marco da programación coa que conmemora tres datas moi sinaladas no calendario: o Día Mundial do Medio Ambiente, o dos Océanos e o do Surf, tal e como lembraba esta mañá o alcalde, Alberto González.
Ademais de veciños e veciñas de Valdoviño e doutros municipios limítrofes, tamén tomaron parte mozos e mozas de Francia e Alemaña que estes días están a aprender ou perfeccionar o seu surf no municipio da man de Surf Camino Surf.
Unha acción coa que se buscaba concienciar sobre a necesidade de preservar o medio mariño. Así, P