Salvamento Marítimo informou esta mañá do rescate de dúas persoas ao noroeste de Punta Chirlateira, en Cedeira. Segundo fontes de Salvamento, o pesqueiro «Playa de Sacido» sufriu algún tipo de complicación de madrugada e afundiu non lonxe da costa cedeiresa.
Os seus dous tripulantes quedaron á deriva nunha balsa salvavidas e foron localizados por outro barco pesqueiro que estaba na zona, o «Nuevo Cedeira», que trasladounos ao porto de Cedeira en bó estado.