A infancia e xuventude de As Pontes participará na construcción dos espazos comúns

O Concello presentou esta mañá o proxecto educativo e de divulgación arquitectónica 'A Vila do Mañá', que busca a implicación dos máis novos
Tania Pardo e Lorena Tenreiro | Concello de As Pontes
Tania Pardo e Lorena Tenreiro | Concello de As Pontes

O Concello das Pontes presentou, esta mañá, o proxecto educativo e de divulgación arquitectónica e urbanística, ‘A Vila do Mañá’, unha proposta que durante os últimos anos xa se desenvolveu noutras localidade galegas como Vilagarcía, Carballo, Arzúa, Ames, Rianxo, Cambados, Arteixo, Malpica ou Santiago, entre outros.

A Vila da Maña é un proxecto de participación cidadá que recupera as ideas propostas por Aldo Van Eyck, e as premisas e Francesco Tonucci , creador do programa “ A cidade dos nenos”, co obxectivo de que actúen como vangarda da recuperación do territorio para a cidadanía.

Lorena Tenreiro, concelleira de medios locais, indicou que “os novos tempos demandan unha maior implicación da cidadanía no espazo público para que os veciños e veciñas participen da vila para conseguir un espazo amable, avanzando na súa transformación».

Deste xeito a poboación más nova das Pontes estará presente de forma activa nos procesos de construción do espazo común (praza, barrio, vila) dotándoos das ferramentas precisas para desenvolver a súa creatividade provocando o despertar dunha nova mirada sobre os espazos nos que desenvolven a súa vida, engadiu a concelleira de Educación, Tania Pardo

O proxecto que desenvolverán desde o 11 ao 15 de xuño, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, está dirixido a nenos e nenas maiores de cinco anos e inclúe distintas actividades de urbanismo táctico, unhas efímeras e outras máis permanentes, en distintos espazos da vila, que permitirá á adolescencia e infancia estar presente, de forma activa, no proceso de construción dos espazos comúns, dotándoos das ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade dende a arte e a arquitectura.

Así, As Pontes converterase nun taboleiro de xogo e laboratorio de experimentación, transformando a localidade en algo novo a descubrir se mira e percorre con outros ollos a través de obradoiros centrados en seis conceptos fundamentais: a percepción, o espazo, a paisaxe, a escala, a sustentabilidade, a vila, e con ferramentas coma o punto, a liña o plano e o elemento tridimensional.

“O fin é provocar e espertar na infancia e na mocidade unha nova mirada sobre os espazos nos que desenvolven a súa vida. É importante que dende pequenos coñezamos o valor do noso territorio para ser conscientes e saber coidalo o día de mañá”, indica Lorena Tenreiro.

As persoas interesadas en participar nestes proxecto deben cubrir o formulario de inscrición, a autorización de cesión de imaxe -dispoñibles na páxina web do Concello- e remitirse ao enderezo electrónico [email protected], ata o venres, 8 de xullo, ás 14: 00 horas.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.