Mercadiños no Miño para promover o producto local e a zona fluvial

As citas terán lugar os dous últimos domingos de xullo e contarán con obradoiros infantís, música, concursos e zona de pícnic
Imaxe de archivo do paseo do Miño
Imaxe de archivo do paseo do Miño

Mercadiños á beira do Miño para promover os produtos locais e dinamizar a contorna fluvial. É a nova iniciativa do goberno de Lara Méndez para os últimos dous domingos de xullo, enmarcada no movemento Localmente Lucense. “Serán mercadiños multidisciplinares nos que haberá postos de comercios da cidade, obradoiros infantís, espazo para que particulares e asociacións mostren os seus produtos, así como unha zona decorada para facer pícnic, música ambiente e concursos con premios por valor de 1000 euros”, explicou a rexedora.

Neste senso, os mercadiños celebraranse o domingo 24 e o 31 de xullo, de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 horas, para facilitar a participación de comerciantes e que poidan ofrecer os seus produtos fóra da tenda. O prazo de inscrición como expositores nos mercadiños estará aberto ata 3 días antes da data de inicio na páxina web, onde se atopan as bases e toda a información.

Lara Méndez subliñou que “en cada cita haberá vinte prazas para comercios da cidade e dez para particulares, asociacións e colectivos que desexen presentar ou vender os seus produtos, así, o obxectivo é achegar artigos de km0 e de establecementos de proximidade do municipio ao público nun ambiente distendido e nun entorno natural único como é a ribeira do Miño, moi concorrida durante os meses de verán”.

As persoas que soliciten unha parcela na zona de pícnic poderán participar no concurso ‘Pícnic de postal’, que premiará ás mellores parcelas decorada ao estilo Localmente Lucense -premio en vales de compras nalgún dos máis de 600 comercios adheridos ao movemento LocaLmente Lucense-. O xurado reunirase antes das 20:00 horas para deliberar e emitir a súa avaliación en base á presencia de elementos típicos dun pícnic e a beleza plástica da imaxe.

Durante a xornada de mercadiño, agacharanse varios obxectos co logo de Localmente Lucense. Cando sexan atopados polos participantes darán dereito a un premio. Haberá un total de 25 obxectos cunha dotación total de 500€ en vales.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.