O Concello de Ponteceso felicita o Día de Galicia cun vídeo dende Monte Branco

O gaiteiro Manuel Nicolás Caridad López, natural de Tella, interpreta o himno galego dende o Monte Branco, fronte á desembocadura do Anllóns
Imagen con la que el Concello de Ponteceso felicita el Día de Galicia | CONCELLO DE PONTECESO
Imagen con la que el Concello de Ponteceso felicita el Día de Galicia | CONCELLO DE PONTECESO

O Concello de Ponteceso felicitou o Día de Galicia ós seus veciños cun vídeo no que Manuel Nicolás Caridad López, natural de Tella, interpreta o himno galego coa súa gaita dende o alto do Monte Branco, coas súas espectaculares vistas da desembocadura do Anllóns.

«Este 25 de xullo, día de Galicia, soa o noso himno ben fondo, non só en toda Galicia, senón tamén en cada unha das galegas e galegos que están lonxe da súa terra e, aínda que cada un é diferente, cando soan todos xuntos soa un só», destaca o Concello.

Ademais, acompaña o seu vídeo e a felicitación con dúas estrofas do himno, escrito polo pontecesán Eduardo Pondal.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.