Os transportistas do carbón retoman o seu encerro no concello de As Pontes

Actualmente hai almacenadas e paralizadas máis de 800.000 toneladas de carbón entre a central térmica e o porto exterior de Ferrol
IMG-20191210-WA0005

Os transportistas do carbón que traballan na central térmica de Endesa en As Pontes retomaron o peche que mantiñan desde o pasado mes de setembro e que suspenderan de maneira temporal polo Nadal. Os traballadores do transporte atópanse no salón de plenos do concello pontés onde realizarán unha asamblea para «analizar a situación actual» tralo último anuncio de peche da compañía eléctrica o pasado 26 de decembro, explicou o presidente da Federación de Transportistas, Manuel Bouza.

«As expectativas son moi malas e xa empeza a cundir a desánimo e o pesimismo entre os compañeiros,  porque son moitos meses sen traballar e non se albisca unha solución a curto prazo». Son algo máis de 60 empresas e uns 150 camioneiros os que se ven directamente afectados pola paralización da central.

«A situación actual danos a razón a nós sobre a necesidade de manter operativa esta central» 

O representante dos transportistas explicou que nos últimos tres días a empresa únicamente puxo en marcha un dos seus catro grupos de producción, que consome  unhas 4.000 toneladas de carbón ao día, polo que non creen que o traballo para eles vaia reactivarse a curto prazo, «tendo en conta que Endesa almacena só nas instalacións de As Pontes máis de 400.000 toneladas», máis outro tanto no porto exterior de Ferrol.

«A situación danos a razón a nós sobre a necesidade de manter operativa esta central», insistiu Manuel Bouza, «xa que ao parecer moitas das enerxías renovables non están a xerar a produción necesaria para satisfacer a demanda. E todo iso cando aínda moita industria non reactivou a súa produción polo Nadal».

 

Relacionado: As Pontes busca alternativas ao peche definitivo de Endesa

                       Endesa evaluará de novo o uso de biocombustibles nas Pontes

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.