Un roteiro para descubrir os encantos do porto de Redes

A Agrupación Instrutiva de Caamouco organiza esta salida turística e divulgativa pola contorna deste senlleiro espazo aresán
Descubre 2022 (2)

A Agrupación Instrutiva de Caamouco, dentro da súa programación de verán, organiza unha nova edición do ‘Descubre con nós o Porto de Redes’.  A actividade está prevista para este vindeiro sábado 13 de agosto de agosto ás 19:00 horas. As inscricións hai que tramitalas no teléfono 676 72 52 01. Nesta nova edición e como vén sendo habitual, Ernesto López Naveiras será o encargado de liderar o percorrido polas rúas e prazas de Redes.

Trátase dunha ruta coa que a Agrupación Instrutiva quere poñer en valor o rico e variado patrimonio natural e arquitectónico da localidade, sen perder de vista o seu legado mariñeiro. Enfocado tanto para veciños como para visitantes, o ‘Descubre con nós o Porto de Redes’ permite achegar os participantes ata aqueles recantos mais ocultos da localidade.

‘O percorrido é tamén unha viaxe no tempo, ata historias do pasado que estaban a piques de caer no esquecemento e que nos axudan a explicar como era a vida neste Porto antes e como é agora’, indica Dani García, presidente da Agrupación. Recupérase a normalidade.

A edición deste ano do ‘Descubre con nós o Porto de Redes’ recupera a normalidade ao 100%. O ano pasado, a proposta tivo que adaptarse ás restricións vixentes naquel momento. No 2020, a iniciativa transformárase nun documental. Unha peza de 22 minutos de duración, na que se facía un percorrido polo patrimonio material e histórico da localidade e que aínda se pode consultar na canle de Youtube da Agrupación Instrutiva de Caamouco.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.