Ribadeo acolle este sábado a XV Festa da Carne ao Caldeiro

A cita inclúe unha verbena, un concerto co grupo de música tradicional Tumba e Dálle e un torneo de bolos celtas
Concello de Ribadeo
Concello de Ribadeo

Na parroquia ribadense de Remourelle tivo lugar a presentación da XV Festa da Carne ao Caldeiro, que terá lugar o vindeiro sábado, 20 de agosto. O evento está organizado pola asociación de veciños A Madanela coa colaboración do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 21-22 e a xornada tamén contará con música e deporte tradicionais como o torneo de bolos.

Desde a asociación A Madanela explicaron que «apostamos pola tenreira galega de calidade con Indicación Xeográfica Protexida, criada nos nosos propios prados, e queremos continuar a promovela. Ao mesmo tempo, o Dúo Estrellas acompañará a xornada coa súa música na sesión vermú e verbena, e ás 17 horas en forma de concerto o grupo de música tradicional Tumba e Dálle».

E engadiron que «a fin de non esquecer a tradición, na tarde da XV edición da Festa da Carne ao Caldeiro tamén se celebrará un torneo de bolos celtas, este ano en homenaxe a Américo Pérez. Os tíckets estarán á venda ese mesmo día no Campo da Festa, cuberto de toldo, ao prezo de 23 euros -inclúen empanada, pementos de Padrón, carne ao caldeiro con cachelos, queixo con marmelo, bebida e café-«.

No acto de presentación que tivo lugar esta mañá en Remourelle participaron varios representantes da asociación de veciños A Madanela, así coma concelleiras e concelleiros na Corporación Municipal de Ribadeo.  Xa ao día seguinte terán lugar as festas de Remourelle na honra de Santa María Magdalena, amenizada tanto na sesión vermú como na verbena pola Orquestra Supremos.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.