Rábade abrirá unha rúa peonil xunto ao antigo Cine Man

Esta nova vía pública, entre as rúas Lope de Vega e Alcalde Ángel Penas, contará cunha zona de xogos
Diputación de Lugo
Diputación de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este venres co alcalde de Rábade, Francisco Fernández Montes, un convenio de colaboración a través do que a institución provincial aporta ao Concello os máis de 33.000€ que son necesarios para a adquisición dun solar situado na parte traseira do antigo Cine Man, o que permitirá crear unha nova vía pública para peóns entre as rúas Lope de Vega e Alcalde Ángel Penas, que contará cunha zona de xogos.

O solar que o Concello adquirirá grazas á aportación da institución provincial dá na parte frontal á rúa Lope de Vega e linda na parte posterior co edificio que albergou o antigo Cine Man, adquirido tamén pola entidade local no ano 2019.

“A firma deste convenio é importante por si mesma, porque vai supoñer a ampliación do equipamento público de Rábade, pero tamén é importante porque demostra claramente, por un lado, que na Deputación cumprimos cos compromisos, e, por outro, que a cooperación desta institución cos concellos da nosa provincia é constante e continua”, afirmou o Presidente.

O mandatario provincial avanzou o próximo inicio de novas obras en Rábade. Trátase da rehabilitación do firme con aglomerado en quente da glorieta que dá acceso ao polígono e da rexeneración do firme da totalidade da estrada de Rábade a Vilar de Seo, en dirección Cospeito, tamén con aglomerado en quente. O orzamento para estas actuacións, que xa están adxudicadas á empresa OVISA, é de practicamente 45.500€.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.