Máis de 19.000 visitantes pasaron pola oficina turística de Pontedeume este ano

Durante o verán, o Concello facilitou apoio a grupos organizados de peregrinos para pernoctar na vila
Turistas no Torreón dos Andrade
Turistas no Torreón dos Andrade

O Concello de Pontedeume informa dos datos de atención a peregrinos e visitantes correspondentes á tempada de verán na oficina de turismo da vila.  Dunha banda, dende o inicio da tempada de verán, as concellerías de Turismo e Deportes coordinaron a recepción e asistencia a grupos de peregrinos organizados que solicitaron pernoctar no Pavillón Municipal de Deportes. Os grupos procedían de Hungría, Italia, Valencia, La Rioja, Aragón, Asturias, Madrid, Cataluña e Castilla-La Mancha.

Ademais, facilitouse apoio loxístico a entidades como a Asociación Española Contra o Cancro, Greenpeace e marchas ecoturistas ao seu paso pola vila eumesa realizando o Camiño Inglés. En total, 1.330 persoas pertencentes a este tipo de entidades pernoctaron no Pavillón Municipal de Deportes desde o mes de xuño. Esta cifra súmase aos máis de 5.600 peregrinos atendidos ata día de hoxe na Oficina de Turismo, dos que 3.100 fixeron uso do albergue municipal.

Doutra banda, a análise realizada nestes últimos días reflicte que durante este ano 2022, máis de 19.000 usuarios foron atendidos na Oficina de Turismo. Destaca especialmente nestes meses de verán a recepción de cruceristas, campamentos e visitas organizadas. Por último, o Castelo de Andrade recibiu 3.549 visitas desde a súa apertura o pasado 1 de xullo. Neste sentido, o Concello de Pontedeume recorda que o lugar estará aberto ao público ata o vindeiro 15 de setembro.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.