Este xoves abren en Lugo as inscricións para o Aprende Xogando

Esta iniciativa, que se levará a cabo polas tardes, ten como obxectivo facilitar a conciliación familiar e laboral
Concello de Lugo
Concello de Lugo

O Concello de Lugo facilitará un curso escolar máis a conciliación nos eidos laboral, familiar e persoal cunha nova edición do programa Aprende Xogando. Nesta liña, a concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición desta iniciativa para o primeiro trimestre do curso, correspondente ás tardes dos meses de outubro, novembro e decembro. A matrícula poderase realizar do 1 ao 6 de setembro -ambos os dous días incluídos- de xeito telemático.

Silvia Alonso insistiu nos obxectivos deste programa, que facilita o acceso ao traballo, á formación e á participación social das persoas con menores ao seu cargo, promove hábitos educativos axeitados nas nenas e nenos e fomenta a práctica do xogo en grupo seguindo o modelo coeducativo.

O Aprende Xogando está dirixido a nenas e nenos empadroados no Concello de Lugo cunha idade comprendida entre os 4 e os 12 anos. Poderán acceder ao programa menores con 3 anos que se atopen escolarizados e sempre que cumpran os 4 anos no período solicitado.

O programa levarase a cabo en horario de tarde, das 16:00 ás 20:30 horas e en período das vacacións escolares tamén con opción de mañá, das 9:00 ás 14:00 horas nos centros de convivencia Maruja Mallo e Uxío Novoneyra, así como na nave de vías e obras do parque da Milagrosa.

As solicitudes para este servizo, efectuaranse a través do correo electrónico [email protected] achegando, con carácter obrigatorio, fotocopia do DNI da nai, pai ou da persoa que represente legalmente ao menor, que asine a solicitude; fotocopia cotexada do libro de familia ou documentos equivalentes, fotocopia da tarxeta sanitaria do neno e certificado médico ou informe de calquera dato médico de relevancia para a prestación do servizo.

“Apostamos de novo por esta prestación, que permite a conciliación e ademais faino con métodos que contribúen ao desenvolvemento da personalidade das nenas e nenos a través do xogo e dos xoguetes como eixes central de intervención”, subliñou a concelleira, quen lembrou que o Aprende Xogando apoia de xeito especial ás mulleres no seu proceso de participación sociolaboral.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.