Vimianzo pon en valor o seu patrimonio no 7º Evento Internacional #EuSAVE en Bulgaria

O obxectivo prioritario desta edición é crear novas estratexias baseadas na sustentabilidade social e o patrimonio cultural das zonas rurais de varias vilas históricas da Unión Europea
Concello de Vimianzo
Concello de Vimianzo
PUBLICIDAD

O Concello de Vimianzo continúa exportando o potencial da súa riqueza material e inmaterial no 7º Encontro Internacional #EuSAVE denominado ‘Foro internacional sobre a sustentabilidade social e o patrimonio cultural das zonas rurais’ que se está desenvolvendo estes días na cidade búlgara de Berylovo. O obxectivo prioritario desta edición é a creación de innovadoras estratexias de desenvolvemento conxunto para vilas históricas, intelixentes e sustentables da Unión Europea.

Desde este martes 30 de agosto e ata o sábado 3 de setembro, representantes de varios países europeos como España, Italia, Croacia, Bélxica, Portugal, Bulgaria, Letonia e Macedonia poñerán sobre a mesa as fortaleza e puntos a mellorar das diferente vilas históricas que os integran.

O Concello de Vimianzo, que lidera o proxecto europeo #EuSAVE – Citizens’ action for Smart Historic Villages, onde participan 40 municipios rurais de menos de 10.000 habitantes, está representado pola Axente de Desenvolvemento Local, Rosa Sánchez.

A súa función primordial será trasladar todo o potencial cultural, paisaxístico, social e económico do municipio para seguir buscando novas formas de crecemento a nivel local e europeo. Tamén será a encargada de recoller os plans de actuación doutros lugares para poder ver se terían cabida en Vimianzo e seguir poñendo en valor todo a súa riqueza.

Desde o goberno local sinalan que este novo encontro é “unha oportunidade máis para dar a coñecer o noso e para seguir medrando da man con outras vilas históricas da Unión Europea, coidando a comunicacións con outros compañeiros e compañeiras que, a pesar da distancia, comparten os nosos problemas e tamén as nosas oportunidades”.

O propósito global da iniciativa #EuSAVE – Citizens’ action for Smart Historic Villages é crear unha rede de vilas históricas europeas onde a súa cidadanía participe e se implique en diferentes iniciativas que fomenten a vida socioeconómica da localidade e que promovan accións de compromiso social definindo estratexias de desenvolvemento local baseadas nas oportunidades que ofrece o patrimonio cultural material e inmaterial deses territorios históricos como activos para o crecemento rural intelixente, sustentable e inclusivo da UE

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.