Os días 28, 29 e 30 de xaneiro a Aula Cemit de Pontedeume acolle a formación «Crear Futuro», promovida pola Secretaría do Estado para o Avance Dixital.
Trátase dunha iniciativa dirixida a desenvolver proxectos de impulso da economía dixital, innovación, emprendemento e formación de apoio no uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC’s).
Esta acción formativa está estruturada nos seguintes obradoiros:
– Martes 28 de xaneiro, en horario de 16 a 20 horas: «Ecosistema emprendedor»
– Mércores 29 de xaneiro, en horario de 16 a 20 horas: «Proposta de valor e modelo de negocio»
– Xoves 30 de xaneiro, en horario de 16 a 20 horas: «Como acadar os primeiros clientes»
Mais información neste enlace.