Mugardos solicita a Costas o reacondicionamento da praia da Barrosa

O Concello solicita tanto a aportación de area como a recuperación das infraestruturas
Praia da Barrosa
Praia da Barrosa

O alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, ven de solicitar de xeito oficial á xefatura da Demarcación de Costas do Estado na Coruña o reacondicionamento da praia da Barrosa, no Seixo, por parte do ente. Na carta dirixida á Demarcación de Costas, o rexidor subliñou a importancia da actuación xa que trátase de atender a demanda da veciñanza para a recuperación da Praia da Barrosa (O Seixo), usada antigamente polos veciños e veciñas e que na actualidade, debido ao estado no que se atopa, non pode ser destinada a este uso.

De Deus sinalou que “na misiva enviada ao ente estatal xa concretamos as actuacións necesarias e demandadas pola veciñanza para este enclave privilexiado na ría de Ferrol, concretamente a adecuación da zona para a recuperación do seu uso mediante a aportación de area e o reacondicionamento das infraestruturas necesarias. Esperamos que nas próximas datas nos sexa remitida unha resposta favorable a esta solicitude e por suposto quedamos a disposición de Costas para a coordinación das actuacións necesarias”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.