Celebracións patronais da virxe do Rosario, este sábado e o domingo na parroquia de San Román

Na axenda de lecer de Cedeira está tamén o Festival Reencontros, que organiza a Asociación de Maiores, que non se celebraba desde o ano 2019
Na verbena actuarán o grupo Alaska e Fania Blanco Show
Na verbena actuarán o grupo Alaska e Fania Blanco Show
PUBLICIDAD

A Asociación de Veciños de San Román organiza un ano máis, coa colaboración do Concello de Cedeira, as festas na honra da Virxe do Rosario. Os actos sucederanse este sábado e domingo, días 1 e 2 de outubro, na gran carpa que se vai instalar para a ocasión. As festas comezarán coa misa solemne este sábado, ás 13:15 horas, que irá seguida dunha sesión vermú amenizada polo grupo Alaska. Ás 17:30 horas haberá un partido de fútbol de solteros contra casados, no que o equipo gañador levará un trofeo e un bono de 100 euros para gastar no toldo. Pola noite chegará a tradicional verbena, na que actuarán o grupo Alaska e Fania Blanco Show.

O domingo haberá de novo unha misa solemne, tamén ás 13:15, cantada pola Coral Eixil de Cedeira. Ao remate da función relixiosa ofrecerá un concerto a Banda de Música Vila de Cedeira. Para rematar o programa festivo, anúnciase unha sesión vermú co grupo Jaque. Por outra banda, a Asociación de Maiores de Cedeira organiza de novo o seu Festival Reencontros, que celebrara por última vez no ano 2019. O Auditorio Municipal acollerá o sábado, a partir das 20:00 horas, esta cita na que os maiores da vila adoitan recordar os “cantos de taberna”, aquelas cancións coas que de sempre acompañaron as romarías, os encontros con amigos e familia, e que conforman, de seu, un patrimonio común das xentes da vila.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.