Pulseras identificativas para evitar o extravío dos menores en San Froilán

Protección Civil repartirá dende hoxe pulseiras no recinto feiral para os nenos onde se recollerá o contacto dos proxenitores ou titores para a súa rápida localización
Concello de Lugo
Concello de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo un encontro co responsable de Protección Civil, Óscar Freire, para ultimar os detalles dunha iniciativa enfocada a incrementar a seguridade dos menores durante o San Froilán en caso de que se perdan debido a masiva afluencia de xente que se dará cita durante estas festas.

Deste xeito, a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Lugo repartirá polo feiral dende hoxe e ata o 12 de outubro, pulseiras que incorporarán un espazo en branco para que “os pais, nais ou titores inclúan os datos de contacto onde se lles poderá chamar en caso de que o menor se extravíe, de xeito que axilicemos así a procura do neno e reducir os tempos de incerteza”, segundo explicou a rexedora.

“Deste xeito, as pulseiras contribuirán a localizar aos pequenos en casos de extravío, unha medida de moita utilidade para garantir a súa seguridade nas aglomeracións”, apuntou a alcaldesa ao tempo que puxo en valor e agradeceu “o labor altruísta desta agrupación de voluntarios que, nesta ocasión, tamén velarán pola seguridade dos cidadáns máis cativos e a tranquilidade dos seus proxenitores”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.