Música de tuna e teatro, citas para esta fin de semana en Cedeira

A obra “Fatum” de O Catre Teatro abre a primeira edición do ciclo de teatro afeccionado coa que o Concello rende homenaxe á dramaturga e activista Fusa Guillén
O Auditorio Municipal acollerá este sábado, ás 20.00 horas, a actuación do grupo Troyanos de Compostela
O Auditorio Municipal acollerá este sábado, ás 20.00 horas, a actuación do grupo Troyanos de Compostela
PUBLICIDAD

A axenda cultural para esta fin de semana en Cedeira ofrece música e teatro. O Auditorio Municipal acollerá este sábado, ás 20.00 horas, a actuación do grupo Troyanos de Compostela, unha formación con preto de dez anos de vida adicada a divulgar a música que ofrecía a Tuna Compostelá a finais do século XIX, a época na que se desenvolve a novela La Casa de la Troya. Para o domingo ás 19.00 horas programouse a función inaugural do primeiro ciclo de teatro afeccionado Fusa Guillén. O Catre Teatro interpretará Fatum.

O repertorio que Troyanos de Compostela ofrece nos seus concertos é unha viaxe musical no tempo ata a vida estudantil da Compostela de finais do século XIX. A agrupación naceu no ano 2013 e presentouse ao público en 2015 no marco da conmemoración da edición da novela La Casa de la Troya de Alejandro Pérez Lugín. O grupo está integrado en gran medida por antigos tunos e entre os seus obxectivos están os de investigar, promover e divulgar a música para instrumentos de pulso e púa que se tocaba na época da novela. Ao longo do seu recital, os diferentes temas son introducidos por historias e anécdotas relacionadas coa vida na cidade de Santiago naquela época e coa relación que o autor do libro mantiña con persoeiros como Rosalía de Castro, Castelao, Curros Enriquez ou o Maestro Chané.

Fusa Guillén foi unha muller que deixou unha fonda pegada en Cedeira. A escritora, activista cultura e dramaturga desempeñou un importante papel na recuperación do Samaín e no impulso á cultura, particularmente ao teatro, na vila. O seu falecemento no ano 2020 foi moi sentido na localidade, onde xa se fixeron diferentes actos de recordo e homenaxe. Desta volta, o Concello de Cedeira convocou un concurso de teatro amador que ten a súa consecuencia directa na celebración, a partir deste domingo, do I Certame de Teatro Afeccionado “Fusa Guillén”.

Ao certame presentáronse cinco compañías e o xurado seleccionou tres, que van actuar no Auditorio de Cedeira os días 9, 15 e 22 de outubro. O Catre Teatro abre este domingo o ciclo, ás 19.00 horas, coa obra Fatum. A peza está dirixida por Agustín Bolaños e constitúe un debate sobre a historia da humanidade. A vida é un conxunto de accións fortuítas, casuais e ao azar ou está rexida por un destino inmutable e xa escrito? A entrada será libre ata completar aforo, o mesmo que nas seguintes funcións. Carrachanacacha representará o sábado 15, ás 20.00 horas, a obra A pena do cu do mundo e a ASC Muíño do Vento interpretará o 22, tamén ás 10.00 horas, a peza “Unha obra para un barrio”.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.