As Gándaras acolle este xoves un novo almorzo de negocios

O executivo municipal ofrece aos participantes un espazo aberto e gratuíto para que amplíen a súa rede de contactos
Imaxe de archivo dun almorzo de negocios na Cafetería Ousá
Imaxe de archivo dun almorzo de negocios na Cafetería Ousá

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convidou este martes ás e aos emprendedores e empresarios lucenses a participar nun novo almorzo de negocios, enmarcado no movemento Localmente Lucense, que terá lugar este xoves nas Gándaras. A través desta iniciativa, o executivo municipal ofrece aos participantes un espazo aberto e gratuíto para que amplíen a súa rede de contactos, co fin de xerar novas oportunidades de negocio e de emprego na cidade.

Será o oitavo encontro deste tipo que se desenvolverá este ano. Para facilitar a participación, vanse organizando en distintos barrios, tamén como unha oportunidade de mobilizar os comercios e negocios da zona. Nesta ocasión, celebrarase na cafetería As Gándaras -Polígono As Gándaras, Rúa A- este xoves, 10 de novembro, en horario de 08:30 a 09:30 horas. Haberá 50 prazas dispoñibles, sendo necesaria a inscrición previa, a través da
web.

Lara Méndez descatou o éxito desta iniciativa refrendado pola boa acollida entre o tecido empresarial lucense. “Os almorzos contan sempre cunha elevada participación e moitas das persoas que acoden por primeira vez repiten nos seguintes, pois trátase dunha gran oportunidade para xerar lazos e crear novas sinerxias e contactos que poden ser de gran utilidade no día a día dos participantes”, explicou.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.