A Praza Maior de Lugo acollerá no Nadal un mercado de inspiración europea

Ademáis das casetas de madeira, ambientarase a praza cun poboado navideño, unha fábrica de xoguetes dos elfos e desenvolveranse actividades infantís
Concello de Lugo
Concello de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da tenenta de alcaldesa e edil de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana Abelleira, presentou este luns a campaña #NadalmenteLucense. Trátase da campaña para dinamizar os barrios da cidade e promover o comercio e a hostalería lucenses durante o período navideño, dentro da Estratexia global de reconstrución e reactivación da economía de Lugo, lanzada pola rexedora trala pandemia.

Esta campaña contará con tres piares, tal e como explicou Lara Méndez, que serán os seguintes: a organización do primeiro mercado municipal Nadalmente Lucense, na Praza Maior, inspirado nos mercadiños europeos, “co fin de darlle aos negocios da cidade a posibilidade de ofrecer os seus produtos nun dos espazos máis emblemáticos e transitados do municipio”; a realización de accións de dinamización nos distintos barrios da cidade; e asesoramento e formación in situ aos comerciantes “para a posta a punto dos seus establecementos de cara á campaña de vendas do Nadal”.

“Queremos aportar recursos e ferramentas para que o comercio de proximidade poida afrontar esta campaña navideña mellor preparado”, apuntou a rexedora, quen subliñou que “as diferentes actuacións darán comezo o vindeiro xoves, 1 de decembro”. Estarán enmarcadas no Plan de Recuperación post pandemia e dinamización dos barrios do movemento Localmente Lucense. Toda a información sobre esta campaña e as bases para a participación no mercadiño poden atoparse na páxina web.

Mercadiño navideño

A alcaldesa informou que o mercadiño “abrirá o día 1 de decembro e manterase aberto durante todas as datas de Nadal”. “Estará composto por 20 casetas de madeira que poremos a disposición dos comerciantes de maneira gratuíta; un poboado navideño para os máis pequenos coas cores de cada agrupación de barrios; e o Oasis de Ben-Alí, onde o mesmisimo emisario dos reis magos estará esperando para escoitar as peticións dos máis pequenos”, subliñou Méndez.

“Tamén estará o Fogar de Santa Claus, que recollerá todas as peticións, e instalaremos a fábrica de xoguetes dos elfos, un recuncho máxico onde participar en obradoiros de Nadal: soñando, inventando e creando os agasallos que os pequenos poderán logo regalar. Así mesmo, o mercado incluirá un laboratorio de proba de xogos, onde os nenos e nenas axudarán aos elfos a comprobar se os seus xogos son divertidos para todos/as os nenos/as e maiores”. “Como dixen, queremos crear un espazo máxico e moi navideño e adornado con cor, luces e persoaxes que axudarán na ambientación”, explicou Lara Méndez.

O mercadiño disporá de actividades de animación e entretenemento, pensadas para todas as idades, pero especialmente para os máis pequenos como maxia, concertos e espectáculos diversos, que manterán o espírito navideño. Para os compradores, todos os días haberá sorteos de premios cos tíckets de compra realizadas no mercado e acumulados durante a xornada. Neste senso, a rexedora “animou aos comercios dos barrios de Lugo a que se inscriban no mercadiño porque será unha excelente ocasión para impulsar os seus negocios e darlles visibilidade”.

As casetas cederanse por quendas semanais a produtores e comerciantes lucenses. A asignación dos postos realizarase por orde de entrada de solicitudes e, tamén se valorará: a idoneidade e carácter de Nadal dos produtos expostos e o feito de seren produtos locais ou realizados en Galicia. Ademais da caseta e da decoración exterior da mesma, se lles axudará na loxística da montaxe e contarán con asesoría personalizada tanto na decoración como nas técnicas que lle axudará a mellorar as súas vendas. O horario de apertura e atención ao público das casetas será de 11:00h a 14:30h e de 16:30h ás 21:00h. No caso das festividades: o día 24 o horario de peche do mercadiño será ás 18:00h e o 31 ás 14:30h. Así mesmo, os expositores que o desexen poderán ampliar o horario de apertura.

Dinamización nos distintos barrios da cidade

Paralelamente, a campaña de Nadal incluirá actuacións de promoción, divulgación e sensibilización nas distintas agrupacións de barrios da cidade, de cara a fomentar o consumo na hostalería e establecementos locais.

Deste xeito haberá: sets decorativos con temática de Nadal nas principais prazas das agrupaciónsde barrio da cidade, con buzóns de peticións -Praza Agro do Rolo; Horta do Seminario; Praza de Augas Férreas; Praza Camiño Primitivo; Praza Fonte dos Ranchos e Sagrado Corazón-, animación de rúa a cargo de dous animactores caracterizados de elfos navideños; agasallos Localmente Lucense de Nadal; e un sorteo de vales de compra todos os venres do mes de decembro. Para participar neste sorteo, os interesados deberán presentar un tícket, por importe superior a 10 euros, dunha compra realizada nesa semana e enviar a foto ao correo [email protected]. Deste xeito, os veciños e veciñas entrarán a participar no sorteo semanal de tres vales por importe de 200€, 100€ e 50€, publicado a través das redes sociais cada venres, acumulando así os tícket de cada semana.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.