Mato pide ao Porto de Ferrol que ofreza alternativas para acoller o polo de I+D en enerxías renovables mariñas

O alcalde lembra que o antigo edificio da Cámara de Comercio na dársena exterior vai poñer a disposición da comunidade portuaria 3.000 metros de oficinas e espazos de usos múltiples
Ángel Mato -al fondo- y el presidente de la Autoridad Porturaria, Francisco Barea, en un acto en Caneliñas
Ángel Mato -al fondo- y el presidente de la Autoridad Porturaria, Francisco Barea, en un acto en Caneliñas

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, invitou esta mañá á Autoridade Portuaria de Ferrol a unirse ao apoio á creación en Ferrol do polo de I+D en enerxías renovables maiñas e almacenamento. O rexedor explicou que o porto ferrolán forma parte do ecosistema industrial relacionado co sector e, nese senso, puxo como exemplos a ensamblaxe de estruturas eólicas mariñas nas súas instalacións e o proxecto de Nervión en Caneliñas.

Mato lembrou que o Concello xa se ofreceu a ceder espazos municipais se fose necesario e que o Porto debería facer o mesmo para garantir que o polo se quede en Ferrol. “Ese ten que ser o obxectivo común de todas as institucións e organizacións da cidade”, asegurou. O rexedor destacou que a Autoridade Portuaria recuperou a titularidade do antigo edificio da Cámara no porto exterior, tras a disolución da entidade no 2015. Dende o pasado verán dispón dun proxecto para rematar esas instalacións e convertelas nun edificio de usos múltiples para a comunidade portuaria, con 3.000 metros cadrados destinados a oficinas, salas de reunións e servizos comúns, entre outras posibilidades. Nese proxecto, que se prevé executar ao longo do 2023, “podería encaixar perfectamente o polo de I+D”, propuxo o alcalde de Ferrol.
Mato xa manifestara en varias ocasións ao longo dos últimos días que o polo que se vai crear no marco do Fondo de Transición Xusta “ten que estar obrigatoriamente aquí, na cidade, porque Ferrol é o centro dunha comarca que xa está a liderar a industria da eólica mariña e que tamén ten en marcha ambiciosos proxectos relacionados co hidróxeno verde”. De feito, foi o propio Goberno galego o que incluíu entre as súas iniciativas para a comarca este polo cando en xaneiro celebrou en Ferrol o Consello da Xunta, entón presidido por Feijoo.  Na actualidade o goberno local está a traballar na redacción dunha declaración institucional en defensa da instalación do polo de I+D en Ferrol que conte co apoio de todos os grupos municipais.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.