As Pontes invertirá máis de 100.000 euros en mellorar as vías das parroquias

Freixo, Ribadeume e Santa María serán as beneficiadas por estas obras, financiadas pola Deputación de A Coruña
Rega dos Francos, Concello de As Pontes.
Rega dos Francos, Concello de As Pontes.

O Concello de As Pontes vén de aprobar a adxudicación das obras de mellora de camiños nas parroquias do Freixo, Ribadeume e Santa María por un total de 106.000 euros.

Estas obras, financiadas pola Deputación de A Coruña, servirán para dar unha mellor calidade de vida ós veciños e veciñas do rural, renovando as súas infraestruturas e equipamentos.

  • Na parroquia do Freixo, o proxecto de rehabilitación do camiño da Rega permitirá mellorar o viario no tramo comprendido entre a Cruz da Rega dos Francos ata o cruce do camiño que leva ao núcleo do Vilar.  As intervencións previstas teñen por finalidade a limpeza das cunetas, o recrecemento do firme existente e o pintado das marxes para mellorar a sinalización horizontal.
  • No caso do Camiño de Pazos está prevista a reparación dun tramo de case un quilómetro, en dirección ao núcleo de poboación, mediante a limpeza das marxes e cunetas, o bacheado de fochas, o recrecemento da plataforma e a reposición da sinalización horizontal.
  • Na parroquia de Santa María de As Pontes, no Camiño de O Mariñao, procederase á rehabilitación do firme reparando as fochas existentes, limpando as marxes do vial e recrecendo con aglomerado asfáltico toda a superficie de actuación. Rematarase coa sinalización horizontal en ambas marxes e a instalación de sinalización vertical.
  • Nas estradas de Vilarmouro e Chao (parroquias de Freixo e RIbadeume) vanse rehabilitar os viarios para dotalos dunha calidade estrutural e superficial óptima, mellorando a comodidade e seguridade do tráfico rodado como para os viandantes.  O proxecto, contempla, previo ó inicio das obras, a limpeza das cunetas para o correcto drenaxe do firme e o aporte de grava e tratamento asfáltico naquelas zonas nas que existan fochancas.

 

Relacionadas:

Comenzan as obras de mellora e accesibilidade na rúa Casilla das Pontes

O Concello de As Pontes aproba os proxectos do POS 2020

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.