O Concello de Ferrol concede a Prosema unha prórroga de seis semanas para rematar a rehabilitación do pazo municipal

"Os informes técnicos abalan a ampliación ata o 3 de marzo por mor das intensas choivas dos últimos días", explican dende o goberno local
Estado actual del proyecto
Estado actual del proyecto

O Concello de Ferrol vén de conceder a Prosema, a empresa que executa a rehabilitación do pazo municipal, unha prórroga de seis semanas para rematar os traballos, é dicir, ata o 3 de marzo. O concelleiro de Urbanismo e voceiro do goberno local, Julián Reina, explicou tras a aprobación de dita ampliación na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá que os informes técnicos abalan a concesión tendo en conta as intensas choivas das últimas datas.

O edil puntualizou que desde principios de novembro rexistráronse preto de 40 días de precipitacións de xeito case continuado na zona de Ferrol, o que condicionou o transcurso das obras, como a execución de traballos de reparación en certas zonas da fachada para o seu posterior pintado. O mal tempo tamén alargou os tempos necesarios para o secado das diferentes capas nas que se traballou e dificultou o inicio de novas fases de pintura. Tamén indicou que nos días de forte temporal foi necesario suspender os traballos.

A rehabilitación do pazo municipal conta cun orzamento de 562.650,00 euros (ive incluído), que sufraga a Deputación da Coruña nun 80% posto que está incluída no Plan de Obras e Servizos POS+Adicional 1/2019. O concelleiro lembrou que se trata dunha intervención “moi necesaria para garantir a seguridade no inmoble debido aos danos na última planta do edificio”. Por elo, unha vez rematada a obra “poderanse aproveitar mellor os espazos ata agora sen uso por mor do seu mal estado”. Deste modo, o pazo municipal “será máis funcional para todos”, apuntou.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.