Narón aproba por unanimidade a gratuidade da matrícula do segundo fillo nas súas escolas infantís

A ordenanza aprobouse o 3 de xullo e espérase que entre en vigor a partir do próximo 1 de setembro
Pleno xuño

A corporación local celebrou esta mañá do 3 de xullo un pleno extraordinario con carácter presencial, o primeiro no salón de plenos tras decretarse o estado de alarma. Na sesión aprobouse de xeito provisional, e por unanimidade, a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación dos servizos das Escolas Infantís Municipais.

Tal e como indicou o portavoz de Terra Galega a modificación afecta á aplicación da gratuidade de atención educativa a partir da matriculación nas Escolas Infantís Municipais do segundo fillo ou filla da unidade familiar, incluídos. Esta medida, impulsada dende a administración autonómica, quedará recollida na citada ordenanza municipal.

A modificación someterase a información pública e audiencia durante un prazo dun mes para presentar, no caso de consideralo oportuno, reclamacións e suxestións. Se non se presentan o acordo será definitivo e a ordenanza coas modificacións aprobadas entrará en vigor un día despois de publicarse no BOP para aplicala a partir do 1 de setembro deste ano.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.