Os socialistas de Ribadeo reclaman ao PP «unha falta de compromiso cos problemas sanitarios da veciñanza»

O grupo popular rexeitou unha moción para instar á Xunta a que reformule as súas políticas en materia sanitaria
PAC Ribadeo

A Voceira da Agrupación Socialista de Ribadeo, Marta Rey, lamentou hoxe «a falta de compromiso e a desafección do concelleiro do PP Daniel Vega cos problemas sanitarios que afectan á veciñanza» do municipio mariñano. Así o dixo, tras defender na pasada sesión plenaria unha moción para instar á Xunta de Galicia a que reformule as súas políticas en materia sanitaria, especialmente no ámbito da Atención Primaria, co fin de que cambie o modelo asistencial e de xestión de recursos humanos que permita convocar todas as prazas posibles.

“O grupo do PP de Daniel Vega rexeitou esta proposta. Polo tanto, terán que dar explicacións diante da veciñanza deste rexeitamento en defensa dos servicios públicos no noso concello. Parece que hai membros desta Corporación municipal que están mais preocupados en saír en fotos con conselleiros ca en resolver os problemas reais das veciñas e veciños Ribadeo”, incidiu Rey.

Neste sentido, lembrou que este mesmo verán o PAC de Ribadeo consultou cun só equipo médico, que inclúe un médico, un enfermeiro e un administrativo para atender aos doentes do concello ribadense e dos de Barreiros e Trabada. ”Polo tanto, son arredor de 14.000 persoas, o que supón unha carga de traballo que recae en tan só tres profesionais sanitarios do PAC de Ribadeo», explicou.

“O Goberno da Xunta anunciou un novo centro de saúde na nosa vila, pero tal e comprobamos ese centro non vai contar cos profesionais sanitarios necesarios para atender aos seus usuarios. Por iso, demandamos unha sanidade pública de calidade, e reivindicamos o excelente traballo que realizan os profesionais sanitarios no noso concello, sempre ao pé do cañón”, remarcou.

Nesta mesma sesión plenaria, o grupo socialista de Ribadeo interesouse tamén polo proceso no que se atopa o traslado temporal dos usuarios do Hospital Asilo de Ribadeo mentres dure a rehabilitación deste edificio, que terá unha duración mínima de ano e medio. “Informáronnos de que aínda están esperando unha contestación da Xunta sobre quen se vai facer cargos dos residentes”, asegurou Marta Rey.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.