Betanzos planta cara á Xunta polo caos do transporte: «Non somos convidados de pedra».

Tras varios días con veciños "tirados" nas paradas a primeira hora, o Concello esixe á unha revisión urxente do contrato coa empresa
A veciñanza sofre as consecuencias dun contrato que non funciona e da falta de paneis informativos nas marquesiñas
A veciñanza sofre as consecuencias dun contrato que non funciona e da falta de paneis informativos nas marquesiñas

Coller un bus en Betanzos estase a converter nunha tarefa imposible e os veciños que dependen do transporte público viven cada día unha situación de absoluta incerteza que esgota a paciencia de calquera. O que debería ser un servizo básico para que estudantes e traballadores cumpran cos seus horarios transformouse nunha sorte de lotería na que ninguén garante que o vehículo pase pola parada nin que, de facelo, teña ocos libres para os pasaxeiros.

Esta precariedade non só afecta ao centro de Betanzos, senón que se estende por todo o segundo anel da área metropolitana, onde as conexións seguen a presentar deficiencias constantes e graves.

PUBLICIDAD

A alcaldesa, María Barral, deu voz a este malestar denunciando que o servizo sufriu un empeoramento drástico nos últimos anos, pasando de ser aceptable a resultar totalmente deficitario dende o último cambio de contrato. A realidade a pé de rúa é que moitos veciños quedan «tirados» sen ningún tipo de explicación, como ocorreu recentemente a primeira hora da mañá, cando varios autobuses directamente non apareceron.

Cando finalmente chega algún vehículo, moitos veñen xa saturados de pasaxeiros de liñas anteriores, o que fai que sexa físicamente imposible subir, unha situación que a rexedora cualificou de «intolerable».

Dende o Concello critican con dureza que, mentres os municipios cumpren coa súa parte económica e achegan fondos públicos, a Xunta de Galicia mantén os brazos cruzados ante o incumprimento sistemático das obrigas da empresa concesionaria. Non só fallan os autobuses, senón que a Administración autonómica segue sen cumprir a súa palabra de instalar paneis informativos nas marquesiñas para indicar os tempos reais de espera.

Esta falta de control deixa aos usuarios nunha absoluta indefensión, obrigando ao Concello a esixir unha reunión urxente coa Dirección Xeral de Mobilidade para revisar un contrato que claramente non funciona e que está a tratar á veciñanza de Betanzos como cidadáns de segunda.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.