Cedeira vístese de entroido para o desfile de este sábado

Comezará ás 17.00 horas na Praza Roxa, onde haberá un baile amenizado pola orquestra Los Player’s
Arquivo - Desfile de Entroido en Cedeira
Arquivo - Desfile de Entroido en Cedeira

Catro comparsas, catro grupos e unha parella inscribíronse para participar mañá no desfile de Entroido de Cedeira, que o Concello volve a organizar este ano como era tradicional, cun percorrido polas rúas e un baile posterior, que desta volta estará amenizado pola orquestra Los Player’s. O percorrido comezará na Praza Roxa ás 17.00 horas e a comitiva irá polas rúas do centro, ata o Polideportivo Municipal, onde o xurado dará a coñecer os premios aos mellores disfraces.

As catro comparsas inscritas superan con moito o número mínimo de dez integrantes que establecen as bases e de feito algunha conta con máis de trinta persoas. Participan tamén catro grupos, categoría que abrangue os conxuntos de entre 3 e 9 persoas e que tamén no caso dos inscritos teñen máis de seis integrantes.

Repartiranse 2.170 euros en premios. Na categoría de comparsas hai tres premios dotados con 600, 400 e 300 euros; na de grupos serán de 300, 250 e 200 euros. Por último, para parellas e disfraces individuais establécense outros tres premios de 50, 40 e 30 euros. Despois da entrega de premios, a troula trasladarase de novo á praza Roxa, onde a orquestra Los Player’s animará o baile ao que están invitados todos os veciños e as veciñas.

O Concello prevé a continuación tres xornadas –días 19, 20 e 21- con actividades de balde para nenos e nenas. Así, o domingo e o martes pola tarde, de cinco a oito no Polideportivo Municipal, a cativada poderá gozar con diferentes atraccións inchables, animación con música e baile, obradoiros de maqueado, un photocall e outros xogos. Para o luns está previsto un concerto dirixido ao público infantil a cargo de Paco Nogueira, ás 18.00 horas na Praza Roxa.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.