«Ñam!» chega ao Pazo da Cultura de Narón o vindeiro mércores 8 de xullo

Xa está aberto o prazo de inscrición para o espectáculo de balde inspirado no mundo da cociña, e dirixido para nenos e nenas de 1 a 6 anos
74438518_2941858859175661_7044891695778889728_o

O Concello de Narón programa unha nova actividade a través do Servizo de Normalización Lingüística e enmarcada no programa Apego, de socialización de nenas e nenos en galego. A convocatoria é de balde e terá lugar o vindeiro mércores 8 de xullo nas instalacións do Café Teatro do Pazo da Cultura, onde apartir das 19.30 horas se poderá ver o espectáculo «Ñam!»

A actuación está artellada a partir do mundo da cociña, para que o público poida ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia. Dita proposta diríxese a nenas e nenos de 1 a 6 anos e ás súas familias, podendo asistir un máximo de 25 menores acompañados, como mínimo, dunha persoa adulta.

Para poder asistir é preciso inscribirse previamente escribindo un correo electrónico á dirección: [email protected], no que se facilitará o nome da actividade, o nome e idade do neno ou nena, o nome da nai, o pai ou a persoa que acompañará ao menor, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto.

Debido á actual situación derivada da Covid-19 é obrigatorio o uso de máscara en todo o local para as persoas adultas e para os menores a partir de seis anos.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.