Ares camiñará pola igualdade para conmemorar o Día Internacional da Muller

O sábado, 11 de marzo, o Concello organizará 2 itinerarios en colaboración co tecido asociativo da vila coma un acto de celebración do 8M. As dúas rutas arrancarán e terminarán na Praza da Constitución
Presentación dos roteiros
Presentación dos roteiros

A vila de Ares volcarase co Día Internacional da Muller do 8 de maio a través da práctica deportiva. Esa é a proposta que existe detrás de “Camiña pola Igualdade”, a actividade promovida polo Concello co foco posto na conmemoración dunha data de especial relevancia para a sociedade, presentada onte pola concelleira de Igualdade, Victoria Montenegro, e as súas compañeiras no goberno local, Olimpia Marcos e Alma Barrón, edilas de Urbanismo e Cultura, respectivamente.

Así, a área que xestiona Montenegro e a Concellaría de Deporte organizarán conxuntamente dous percorridos a pé destinados a reivindicar o camiñado e o que aínda se precisa avanzar na defensa dos dereitos das mulleres durante a mañá do sábado, 11 de marzo. A Praza da Constitución de Ares será o escenario no que se centralice toda a actividade; dende alí, darase comezo ás rutas e tamén se pechará todo o evento cunha acción simbólica na que se inclúe a lectura dun manifesto.

O percorrido máis longo, o que se denomina coma “andaina”, sairá ás 10:00 horas da praza e levará ós participantes por parte da costa, logo adentrándose na parroquia de Lubre, e regreso ao núcleo de Ares. En total, uns 8 quilómetros cunha dificultade media-baixa para maiores de 12 anos e nos que estará permitida a presenza de mascotas.

O segundo percorrido, a “marcha urbana”, transcurrirá integramente dentro do núcleo da vila cun itinerario de 2,5 quilómetros, asequible a toda persoa que desexe sumarse ó evento. Desta volta, realizarase entre as rúas interiores e o paseo marítimo da localidade cunha dificultade baixa e terá o seu inicio ás 11:30 horas.

Polo tanto, os dous itinerarios rematarán preto das 12:00 na Praza da Constitución, onde poderán realizar outro avituallamento líquido-sólido e recibir o agasallo conmemorativo da xornada. Ademais, será no peche das rutas cando se lea o manifesto reivindicativo do 8M, no que se expoña a importancia da igualdade na sociedade de hoxe. Inscricións abertas dende o xoves, 23 de febreiro, coa colaboración de 23 asociacións, entidades e clubes aresáns

A participación neste evento do 11 de marzo é totalmente gratuíta para toda persoa que teña o desexo de sumarse. Só haberá que levar roupa cómoda, calzado axeitado e inscribirse previamente na páxina web institucional (www.concellodeares.gal), ou de forma presencial na maioría dos 23 centros colaboradores que axudan ben na tramitación das inscricións, ben na difusión e dinamización das andainas:

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.