Novo descenso nos contaxios por Covid: O área de Ferrol só queda con catro persoas activas

Tras máis de 15.000 probas realizadas polo Sergas apenas 580 persoas deron positivo por coronavirus
92456522_2883321901763946_5679398674711445504_o (1)

O área sanitaria de Ferrol está cada vez máis preto de estar libre de Covid-19 tralos descensos rexistrados os dous últimos días. Onte a Dirección Xeral de Saúde Pública anunciou que había 3 contaxiados menos que o venres e hoxe volveuse rexistrar un novo descenso que deixa tan só 4 casos activos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Todos eles están nos seus domicilios.

Os datos proporcionados polo Sergas indican que xa son 579 as persoas que superaron o virus e obtiveron a alta epidemiolóxica. En total, lévanse realizados máis de 15.000 PCR entre as que se fan no Marcide, no punto móbil do Novoa Santos e a domicilio.

O último falecemento relacionado co Covid-19 na comarca producíuse o 9 de maio. En total, son 33 as vítimas mortias desta pandemia nas tres comarcas.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.