Arredor de 15.000 persoas pasaron polo mercado de artesanía ‘MercaEntroido’

A iniciativa impulsada polo Concello estivo aberta ao público entre os días 17 e 21 como parte da programación de Entroido
Mato y Costoya durante la visita al mercado de artesanía
Mato y Costoya durante la visita al mercado de artesanía

Arredor de 15.000 persoas visitaron estes días de festa con motivo do Entroido ‘MercaEntroido’, o mercado de artesanía celebrado na Praza da Constitución en horario de mañá e tarde entre os días 17 e 21 de febreiro. Esta iniciativa impulsada polo Concello reuniu a 17 artesáns que puxeron á venda o seu traballo e acolleu distintos obradoiros para os máis pequenos.

O concelleiro de Mercados, Germán Costoya, mostrouse esta mañá moi satisfeito polo éxito do evento, tanto polo volume de vendas como polo que supuxo para a cidade ao ser “un motivo máis de atracción e dinamismo durante uns días festivos”.

Aínda non remataron os actos de Entroido. Mañá venres terá lugar a partir das 20 horas un pasarrúas polo barrio de Ultramar e a posterior queima da Sardiña, ás 23 horas. Está previsto que despois as comparsas prolonguen a festa polas rúas do barrio e establecementos da zona. Pode consultarse a programación en https://www.ferrol.gal/entroido/.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.