Arde un coche estacionado na plaza de O Floreal de Cedeira

Desde Protección Civil aseguran que o incidente trátase dun acto vandálico premeditado
106802333_1203403039999892_7392566150676160064_n

Na madrugada de hoxe 5 de xullo dous voluntarios de Protección Civil tiveron que desprazarse á plaza de O Floreal para apagar as chamas que saían dun todoterreno estacionado na zona. Tal e como informaron o incendio sofocouse en pouco tempo e sen complicacións, evitando así a queima de todo o vehículo e que as chamas se propagaran cara outros coches colindantes.

O incidente producido sobre as 05.00 horas deste domingo e a Policía Local afirmou que o incendio orixinouse na roda esquerda do coche, tras a queima dun obxecto inflamable. Pola súa parte, o propietario do todoterreno xa denunciou os feitos ante as autoridades pertinentes, e afirmou ter recibido nas semanas previas varias ameazas polo que se trata dun acto vandálico premeditado.

De momento se descoñece quen está detras destas accións, que xa están a ser investigadas polos corpos de seguridade municipais.

 

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.