Os traballadores do Hospital Juan Cardona saen ás rúas para protestar polas baixadas salariais

Centos de persoas se manifestaron desde o Juan Cardona ata a plaza de Amboage para denunciar a vulnerabilidade dos seus dereitos
f0bbc15e-da42-4dc4-a132-1511e3ea2dea

Centos de persoas secundaron hoxe 5 de xullo a manifestación programada polos traballadores do Hospital Juan Cardona , debido a baixada salarial que recentemente aunciou a xerencia do centro. Segundo explicaran a semana pasada dende o comité de empresa, os recortes chegarán aos 200 euros mensuais -en nóminas duns 1.200- correspondentes aos pluses de gratificación de nivel e asistencia.

Con esta iniciativa pretenden frear a decisión tomada “de forma unilateral e sen negociación previa”, segundo anunciaron os sindicatos. A marcha iniciouse nas portas do propio hospital, onde os centos de protestantes cruzaron os barrios de Caranza e de Esteiro, e posteriormente leerían un manifesto na plaza de Amboage en defensa dos seus dereitos.

«Esto non acaba a aquí, seguiremos loitando ata conseguir que non toquen nin un euro das nosas nóminas, non daremos nin un paso atrás», podíase escoitar na plaza ateigada de xente mentres os representantes dos traballadores lían o documento de protesta. Tal e como afirmaron dende o propio comité de empresa, a dirección do hospital decidiu rebaixar o salario do persoal sanitario tras facer unha comparativa cos beneficios económicos do ano pasado e descubrir unha deuda de 3 millóns de euros.

«Esperemos que o día 9 de xullo secundedes a folga xeral convocada, e así amosar que estamos todos unidos e que non permitiremos que pisoteen os nosos dereitos» anunciaban as últimas liñas do manifesto, aínda que dita folga está pendente de realizarse dependendo da decisión da Delegación de promover o día 10 unha mesa de negociación entre ambas as partes.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.