O Concello de Neda busca encher unha vacante de técnico de turismo

A convocatoria iniciada hoxe promove un contrato con duración ata final de ano e cunha xornada ordinaria de 37,5 horas semanais
ayuntamiento-de-neda-01

O Concello de Neda vén de convocar o proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/ha técnico/a en turismo. Unha contratación que se financiará parcialmente cunha achega procedente da Deputación provincial da Coruña.

O prazo de presentación de solicitudes para concorrer ao mesmo é de cinco días hábiles contados a partir de mañá e as persoas interesadas poden descargar o impreso de solicitude e as bases da convocatoria da web municipal (www.neda.es) ou no Rexistro Xeral da casa consistorial -Avenida de Alxeciras, 34.

A duración do contrato estenderase dende a formalización do mesmo e ata o 31 de decembro de 2020 e a xornada ordinaria de traballo será de 37,5 horas semanais. A convocatoria saía hoxe 6 de xullo publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.