Exponav recupera o horario de verán e as visitas guiadas

Desde hoxe 6 de xullo o Museo da Construción Naval abrirá as súas portas de 10.00 a 20.00 horas exceptuando os luns
Exponav-2-1-1030x687

O Museo da Construción Naval retoma o este luns 6 de xullo o seu horario habitual de verán, no que permanecerá aberto ininterrompidamente de dez da mañá a oito da tarde durante todos os días da semana fóra dos luns, en que o fará de dez a dous e de catro a oito.

A Fundación Exponav, que xestiona o museo, está a preparar ademais outras actividades como a volta das visitas guiadas, que se interromperon como consecuencia da pandemia e que agora se farán con prazas limitadas e reserva previa para poder garantir as distancias de seguridade.

Nestes momentos está a traballarse na organización dos percorridos. Os talleres infantís presenciais serán substituídos así mesmo, de momento, por actividades online das que informaremos en breve. As medidas de seguridade que se puxeron en marcha coa reapertura continuarán, entre elas reservar a tarde do xoves para visitas de persoas que non poidan usar máscara por algún dos motivos legalmente establecidos, sempre que avisen con antelación a través do número de teléfono 981 359 682.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.