O BAXI Ferrol contará un ano máis coa xogadora Dynn Leaupepe

A samoana afirma sentirse con ganas e forza para poder acadar o obxectivo de ascender á Liga Endesa
Dynn Leaupepe

A xogadora samoana Dynn Leaupepe continuará a próxima tempada no BAXI Ferrol despois de aceptar a oferta de renovación que lle presentou o conxunto departamental. A xogadora de 24 anos e 1.79 metros mantense ás ordes de Lino López e tratará de axudar ao equipo para conseguir o obxectivo de ascender á liga Endesa.

Na pasada campaña, a xogadora disputou vinte encontros co equipo ferrolán conntando con algo máis de quince minutos de medía e 6,7 puntos. A xogadora destaca sobre a súa continuidade no equipo departamental o gran potencial que teñen para ser capaces de ascender á liga superior, afirmando que «é o obxectivo e a aspiración de todos e todas as grandes persoas que coñecín, non só na cancha senón tamén fóra de ela».

En canto ao que pode seguir achegando ao conxunto ferrolán a samoana destaca a súa enerxía positiva tanto dentro como fora da pista, así como as súas incontables ganas de que este vindeiro ano sexa moi exitoso para o BAXI Ferrol.

Dynn Leaupepe convértese na oitava integrante do persoal ferrolán para a próxima tempada, tras as renovacións de Patri Cabrera, Natalia Rodríguez, Sune Swart, Patricia Benet e Anniina Aijanen e as fichaxes da valenciana Irene Garí, da arxentina Andrea Boquete e da canaria Laura Fernández.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.