16 mozos e mozas de Fene terán a oportunidade de beneficiarse do programa de emprego da Xunta

Con este programa os 16 escollidos gozarán de formación e dun contrato laboral cunha duración de 12 meses, tendo en conta o salario mínimo interprofesional
emprego-xunta

A Xunta vai levar a cabo un programa de emprego para persoas mozas das que, na comarca de Ferrolterra,  poderanse beneficiar ata 16 mozas e mozos menores de 30 anos, contando cun investimento de máis de 369.000 euros.

Á hora de seleccionar este programa -que se celebrará no concello de Fene- tivéronse en conta criterios como que o municipio beneficiario fose resultado dunha agrupación, fusión ou se tratase dun Concello Emprendedor -neste caso participou a Agrupación Fene-Ares-Cabanas-Neda-Mugardos-. A maiores  valorouse a relación dos proxectoscoas TIC e coa economía dixital e que gardasen conexión co tecido empresarial do territorio, así como as posibilidades de inserción laboral.

Activación dos programas

Está previsto que ao longo do mes de xullo se executen estes programas, para o que será necesario levar a cabo unha selección dos 16 participantes a través das oficinas de emprego, na que se terá en conta a idade, a experiencia laboral previa, a permanencia no desemprego ou o nivel de cualificación. Darase prioridade a aquelas persoas mozas que non recibiran previamente atención por parte do Sistema nacional de garantía xuvenil.

O alumnado obterá formación e ademais disporá dun contrato de traballo. Deste xeito, os programas melloran a empregabilidade das persoas que toman parte nelas a través da formación, á vez que se realizan actuacións de mellora das dotacions públicas e a prestación de servizos de interese xeral e social no eido local.

No tocante a situación dos escollidos, estes gozarán dun salario durante a súa participación na actividade ao longo de 12 meses -este ano unha das novidades foi a ampliación do programa dos 6 aos 12 meses-. A Xunta cree que agora é o mellor momento para apostar por iniciativas coma estas enfocadas á xuventude, tendo en conta a repercusión que tivo a crise sanitaria provocada polo Covid-19.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.