Unha octoxenaria aparece morta nun regato de San Felipe

A muller foi atopada preto dun camiño rochoso e húmido e todo indica que pudio caer a bater na cabeza coas pedras
_20180429_121603

Os servizos de emerxencia interviñeron esta tarde en Ferrol, concretamente no lugar de San Felipe, para recuperar o corpo sen vida dunha muller de idade avanzada que se atopaba nunha zona rochosa próxima a un regato. Foi unha persoa da familia da muller quen alertou ao 112 Galicia de que a atopaba posiblemente falecida ás 13:45 horas de hoxe.

A vítima, que era orixinaria de San Felipe, pero que residía en Madrid chegara fai unha semana á zona e saíra o día anterior a visitar a dous irmáns que tamén viven na parroquia. Segundo explicaron os veciños, a muller transitaba por un pequeno sendero xunto ao Río do Salgueiro coñecido como o Camiño dos Molinos, unha zona rochosa e húmida, polo que a hipótese máis probable e que esbarrase e caese.

A muller presentaba unha gran ferida na cabeza froito de bater contra as pedras. Foi unha sobriña a que iniciou a búsqueda esta mañá tras botala en falta desde a pasada tarde. Tras varios minutos de búsqueda pola zona, atopouna xa morta xunto ao regato.

Enseguida, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias ( CIAE) 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ferrol e dos axentes da Policía Local e Nacional. Unha vez rescatada, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o seu falecemento.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.