O Pazo da Cultura de Narón acollerá a Los Secretos, Sés, Guadi Galego e Stars of Góspel Choir

Entre os meses de setembro e decembro disfrutarase de este gran repertorio musical, e as entradas para algún destes eventos xa están a disposición do público
32889718_1879868022034263_1118568801395277824_o

Os espectáculos musicais protagonizarán tamén a programación do último cuadrimestre do ano no Pazo da Cultura. A primeira cita organizada será o día 18 de setembro, ás 20.30 horas co concerto da cantante Sés. Serán dúas horas de música nas que o público escoitará os temas do seu último traballo discográfico, “Liberar as arterias”, un disco no que continúa evolucionando no seu particular estilo e a súa alma cantareira. As entradas para estes espectáculos musicais poden adquirirse xa nalgúns casos na billeteira do Pazo ou na web do Padroado –www.padroadodecultura.es-.

O teatro musical é outra das propostas que nesta ocasión chegará da man de Edicións Embora, co espectáculo de Funamviolinistas: “ContraEscena”, o día 26 de setembro ás 20.00 horas. Durante algo máis dunha hora, o público terá a oportunidade de ver entre bastidores as intimidades de tres artistas itinerantes que presentan o seu show de teatro musical.

E xa no mes de outubro a música regresará co concerto de Los Secretos. Con catorce discos no mercado, a banda interpretará recoñecidos temas do seu dilatado repertorio musical, mantendo o seu son orixinal e a súa enerxía intacta despois de catro décadas e dos seus grandes éxitos dos anos 80 e 90. A cita será o día 9 de outubro ás 20.30 horas.

Uns días máis tarde, concretamente o 23 de outubro -20.30 horas- poderase escoitar no Pazo a música de Guadi Galego, que chega á cidade coa súa nova entrega discográfica: “Inmersión”. En conxunto, son once temas xa editados e un inédito enmarcados nun universo íntimo e minimalista. Neste disco de Guadi Galego colaboran recoñecidos artistas como Andrés Suárez, Iván Ferreiro, Ana Bacalhau, ou Silvia Quesada.

En novembro, o día 13, o Café Teatro do Pazo acollerá o concerto de Carla Green&The Demons, unha formación compostelá que chegará con Músicos ao Vivo-Sociedade Cooperativa Galega. O blues, o swing e o jazz son estilos de sobra coñecidos para os músicos desta banda, que participou en recoñecidos festivais e que conta cun amplo repertorio baseado en clásicos de artistas internacionais. E a finais dese mesmo mes, concretamente o día 27 ás 20.30 horas, haberá unha nova cita musical no Café Teatro do Pazo, a cargo de Mad Martin Trío, de Sonaxe Producións. Os integrantes desta banda presentarán en Narón “Tornado”, un vinilo financiado a través dunha exitosa campaña de crowdfunding con temas propios e algúns versionados.

En decembro, como cada ano no Pazo, poderase ver un espectáculo de góspel: Stars of góspel choir, con Bridget Bazile e Vincent Balse, o día 23 ás 20.30 horas. Unha mistura de harmonías e ritmos a través dunha música que combina enerxía, delicadeza e entusiasmo e da que gozará o público que acuda a esta cita. A programación musical deste ano pechará con “Siboney”, que chega a Narón con Garufa Blue Devils Big Band e con Sito Sedes. Será o 26 de decembro ás 20.00 horas cando esta orquestra actuará nun formato clásico de big band. Interpretarán un repertorio de temas clásicos dos anos 40 e 50 dirixidos por Roberto Somoza e contando coa colaboración de Sito Sedes, poñendo voz á formación en “Siboney”.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.