A mocidade de Guitiriz visita Valdoviño para descubrir o Océano Surf Museo

A rapazada dos campamentos de verán do concello lucense levaranse unha experiencia inesquecible onde disfrutarán das praias de ao redor e do único museo de surf de España
VISITA_MUSEO_SURF

O Concello lucense de Guitiriz elixiu este ano a Valdoviño para realizar as primeiras excursións dos seus campamentos deportivos de verán nos que participan uns 40 mozos e mozas da localidade. Esta semana o técnico municipal desprazábase ao municipio valdoviñés cos rapaces e rapazas en dúas quendas. O pasado luns 6 de xullo coñecían e disfrutaban da praia da Frouxeira pola mañá e trasladábanse a Vilarrube pola tarde para practicar paddle surf. Unha experiencia única para os nenos e nenas.

Esta mañá reeditábase a visita cun segundo grupo de 21 nenos e nenas. Acompañados tamén da alcaldesa visitaban o Océano Surf Museo, o único en España adicado en exclusiva ao surf. Como guías actuaron o rexedor de Valdoviño e o concelleiro de Deportes, os cales encargáronse de descubrir os segredos do museo nun percorrido pola historia do surf, dende as súas orixes ata a actualidade e con presenza destacada das praias do noso municipio. A visita continuará esta tarde na Frouxeira, onde practicarán surf.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.