A AC Gazafellos do Val de Negreira presenta o Certame das Letras Gazafellas

O certame, orientado a rapaces de entre terceiro e sexto de Primaria, ten dúas categorías: poesía e relato curto
Certame Letras Gazafellas 2022 | AC GAZAFELLOS DO VAL
Certame Letras Gazafellas 2022 | AC GAZAFELLOS DO VAL

A AC Gazafellos do Val de Negreira está a organizar a segunda edición do seu certame de poesía e relato curto para nenos de terceiro a sexto de Educación Primaria, o Certame das Letras Gazafellas, que o ano pasado tivo un grande éxito de participación.

É posible presentar traballos ata o vindeiro 1 de maio enviándoos tanto ó enderezo electrónico [email protected] como por correo postal ao enderezo da asociación, na Avenidas das Brañas, 6. A extensión máxima na categoría de poesía é dunha páxina e na de relato curto, de cinco.

Cartel do Certame Letras Gazafellas 2023 | AC GAZAFELLOS DO VAL

O premio nas dúas categorías será un vale de 60 euros na Libraría Remuíño de Negreira. Serán escollidos por un xurado designado pola AC Gazafellos do Val, faranse público en maio e entregaranse no acto polo Día das Letras Galegas que organiza esta asociación cultural.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.