«Verde que te quero verde» trae a Narón á cantante Nastasia Zürcher e ao músico Xoán Curiel

Este domingo 12 de xullo no Alto do Castiñeiro poderase disfrutar en vivo deste programa musical dirixido aos máis pequenos e ás súas familias
16063_279345505588588_268095054941673234_n

O programa municipal “Verde que te quero verde” chegará este domingo 12 de xullo ao Alto do Castiñeiro, concretamente á zona verde da rúa 25 de Xullo. Nesta ocasión, a cantante Nastasia Zürcher e o tamén músico Xoán Curiel serán os protagonistas das dúas actuacións que se poderán ver a partir das 12.30 horas e dirixidos a público infantil e familiar.

Nastasia Zürcher ofrecerá ao público un completo repertorio con temas nos que fusiona o neo soul, pop vogal de autor, World music e nu jazz, todos interpretados dende a súa propia persoalidade vogal. Os pegadizos estribillos dos seus temas e as intensas letras das cancións deixarán constancia neste concerto da súa faceta máis francófona e galega. Pola súa banda o músico Xoán Curiel, un dos valores do panorama musical infantil de Galicia, interpretará temas de diferentes estilos, como o funk, o rock ou a bossa nova, sintonizando coa onda do Xabarín.

O programa “Verde que te quero verde” continuará o 19 de xullo na rúa Francisco Pizarro, na Solaina, coas cancións infantís de Pakolas e a música de tradicional galega de Oîma. Finalmente, o 26 de xullo poderanse ver na rúa Mariña Española, as actuacións de Antonio Lizana Trío e Fantasía coas palabras, que pecharán esta nova edición do programa na cidade.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.