Os socialistas galegos comprométense a «poñer en valor a ría» para o sector naval e pesqueiro

Os candidatos comarcais Bruno Díaz e Manuel Santiago reuníronse hoxe cos representantes dos mariscadores e do comité de Navantia
Image 2020-07-10_2

O PSdeG apurou a última xornada de campaña antes do 12-X para manter varios encontros con algúns dos sectores clave da comarca de Ferrol. Os candidatos pola comarca Bruno Díaz e Manuel Santiago, acompañados por Pablo Arangüena, mantiveron a primeira hora unha reunión co Comité do estaleiro de Navantia Fene, para desprazarse despois á lonxa de pescadores no peirao de Ferrol, onde se reuniron cos representantes do sector, acompañados do eurodiputado socialista Nicolás González Casares.

Bruno Díaz reivindicou que a comarca ferrolán será unha aposta firme do Partido Socialista a partir do domingo, na “aposta dun goberno socialista na Xunta, tanto no impulso e construción naval, co proxecto das novas fragatas, como na eólica mariña, na que o estaleiro de Fene ten que xogar un papel fundamental no marco das axudas europeas e do Estado para una transición enerxética, e con Leixa como futura plataforma loxística da comarca”.

Díaz incidiu na “posta en valor” da ría, “abordando tanto os problemas estruturais da ría e os seus productos”, fronte “ante una Xunta que tras 11 anos só se lembra da ría nos últimos quince días do seu gobernó”. “Nós nos compremetemos a afrontar a recuperación da ría e o seu aproveitamento dende os primeiros quince días de goberno”, remarcou.

Na reunión participaron a patroa maior da Cofradía de Mariscadores de Ferrol, Isabel Maroño, o patrón e o vicepatrón da Cofradía de Barallobre, Jorge López e Francisco Javier Fernández así como Javier Castro, en representación da asociación de percebeiros de Meirás (Valdoviño). Tamén acudiron a secretaria xeral do PSdeG en Ferrol, Beatriz Sestayo e o portavoz socialista en Narón, David Pita.

Industrialización

O eurodiputado socialista Nicolás González Casares, que tamén se achegou a Ferrol na xornada de hoxe, lembrou que no momento actual se están a discutir os fondos de recuperación europeos, pero lamentou que “o PP non fai máis que poñer atrancos, atrancos e atrancos”, e “non vemos que a Feijoo lle preocupe”.

Nun momento no que se está a discutir a recepción de importantes cantidades económicas que contribuirán ao desenvolvemento futuro da comarca, que se destinarán a As Pontes ou a Ferrol, remarcou a importancia de “buscar sinerxias e estratexias e presentar proxectos para que iso se faga realidade e sobre todo para que haxa un bo financiamento”. Sen embargo, critou que “o PP en vez de mirar e axudar por Galicia, Feijoo nin está nin se lle espera”. “Utiliza os sectores produtivos de Galicia unicamente como arma arroxadiza contra o Estado, facendo una completa deixación das súas competencias”.

En canto á reunión en Navantia Fene, o PSdeG comprometeu un plan integral de reindustrialización para as comarcas de Ferrolterrra, Eume e Ortegal, «facendo a política industrial que Feijoo non fixo en 11 anos».

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.