O novo campo de tiro de Narón estará rematado este verán

A nova instalación deportiva en Río do Pozo suporá un investimento de aproximadamente 30.000 euros
Campo tiro con arco

A alcaldesa de Narón, xunto cos edís de Deportes e Obras, visitaron a construción do novo campo de tiro con nunha parcela pública do polígono de Río do Pozo. As novas instalacións deportivas municipais suporán un investimento que ronda os 30.000 euros e estarán operativas este mesmo verán, atendendo á evolución dos traballos e ás previsións que manexa a empresa adxudicataria.

Trátase dun campo que se poderá utilizar para a práctica de tiro con arco tanto para adestramentos como para celebrar competicións desta modalidade deportiva. As súas dimensión son de 100×75 metros e goza dunha boa conexión coa autovía.

A rexedora local asegurou que a construción de instalacións deportivas coma esta serven para seguir ampliando a oferta a disposición da veciñanza,  e en especial para que as persoas que practican tiro con arco podan gozar deste deporte.

Así mesmo dende o Concello quixeron agradecer ao Club Arco Narón o deseño destas instalacións, ademais da súa comprensión porque ata este ano non foi posible levar a cabo as obras. A administración local acometeu outros investimentos na mellora de instalacións deportivas municipais,  En conxunto, dende o Concello destináronse 80.000 euros á construción de novas instalacións deportivas e mellora das existentes, como no Campo da serra, o pavillón das Lagoas, o polideportivo da Gándara ou no estadio municipal de Río Seco.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.