O PP de Ferrol volve demandar ao goberno solucións para as deficiencias das praias

Os de Rey Varela criticaron que tras 50.000 euros de inversións en mantemento o estado non sexa o óptimo
2020.07.15 Acceso playa Ponzos

O grupo municipal do Partido Popular volveu manifestar onte a súa preocupación pola «situación de abandono na que se atopan os areais da cidade». Os de Rey Varela denunciaron que hai un mes que comezou a tempada de praias «e moitos dos nosos areais seguen tendo graves deficiencias en servizos que sofren os bañistas”.

O edil popular Alejandro Padilla acusou ao goberno local de «chegar tarde» ao mantemento das instalacións e criticou que a pesar de investir máis de 50.000 euros «o estado das praias segue sendo moi deficitario”. Según o PP de Ferrol a isto súmase a falta de accesibilidade ás praias privando ás persoas con diversas discapacidades de poder gozar das mesmas. “O alcalde leva un ano sen aprobar a Ordenanza de accesibilidade a pesar de que hai un acordo plenario votado por unanimidade onde se instaba a sometela a aprobación”, lembraron.

Deficiencias

Desde o Partido Popular fixeron unha listaxe das prinicipais deficiencias que se atopan actualmente nas praias e apuntaron que «en Ponzos seguimos cun acceso de cemento que non chega á area, os bañistas que van a Santa Comba e a Penencia teñen que sortear as fochancas do aparcamento e os aseos non teñen desinfectantes”.

Tamén apuntaron que «na praia de Caranza os usuarios seguen tombados entre a area e a herba pola falta de limpeza, unha situación que se repite na zona arborizada con mobiliario urbano roto, duchas sen lousas. Tamén apuntaron que na Graña as pasarenas seguen sen chegar á auga impedindo ás persoas de mobilidade reducida poder darse un baño e as fontes están mal precintadas.

“Solicitamos unha vez máis ao goberno local, igual que facemos nas comisións, que cumpra cos traballos de mantemento e limpeza nos areais”, os ferroláns e os turistas merécense gozar das praias, concluíron os populares.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.