A CIG movilízase en Ferrol para rexeitar a prórroga dos ERTE

Desde o sindicato advirten que se a situación persiste, a crise social e económica vindeira provocará que os ERTE se convertan en despedimentos masivos
20-07-15_ConcentracionXuntaFerrol_02

A CIG concentrouse este mércores nas sete cidades galegas en rexeitamento ao segundo acordo asinado polo Goberno español, a patronal, CCOO e UGT para a prórroga dos ERTE. Dende o sindicato de traballadores advirten que é unha situación insoportable alargar esta prórroga mentres seguen en vigor as reformas laborais, das pensións e da negociación colectiva ou os recortes nas prestacións por desemprego e os servizos públicos. «Supón afondar no abuso patronal e un enorme prexuízo para o conxunto dos traballadores e das traballadoras», afirman desde a organización.

A CIG anunciaba nestas concentracións que tras a crise sanitaria agora toca superar unha económica e social, a cal vai provocar que os ERTE pasen a ser despedimentos. Así mesmo, aseguran que as persoas despedidas dende o 14 de marzo siguen no desemprego e consumindo o paro, o que provoca unha desprotección e un empobrecemento de amplos sectores da poboación.

Os traballadores desamparados

A este respecto, a CIG asegurou que a partir do día 18 de xullo a prestación por desemprego que se percibe baixa do 70% a tan só o 50% da base reguladora, supoñendo un duro golpe para os ingresos dos fogares. Esta foi unha reforma nas prestacións que impuxo o PP en 2012 e que a día de hoxe tamén segue en vigor. Dende a sindicato de traballadores consideran lamentable que tanto UGT como CCOO contribúan a construír esta realidade nun momento económico e social tan duro.

Ademais, poñendo o foco na actual situación da comunidade galega, afirman que estas medidas non permiten unha recuperación económica xusta e non resolven os problemas da crise industrial e social que xa viña padecendo Galiza, ameazada a día de hoxe por peches de actividades produtivas e despedimentos masivos.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.