Abertas as inscricións para o oitavo roteiro SendAres, que discorrerá polo Camiño Primitivo

A saída en dúas xornadas terá lugar os días 20 e 21 de maio
Imagen de archivo de una ruta de esta temporada del SendAres | Concello de Ares
Imagen de archivo de una ruta de esta temporada del SendAres | Concello de Ares

A inscrición  para o oitavo roteiro SendAres 2023 estará dispoñible a partir das 09:00 horas do xoves 27 de abril a través da páxina web municipal (www.concellodeares.gal), cun total de 25 prazas habilitadas e un prezo de 65 euros. O prezo inclúe servizo de guía, seguros, transporte, aloxamento e almorzo, aínda que as comidas e ceas correrán por conta dos participantes. O Camiño Primitivo é un roteiro de peregrinación ancestral que enlaza Oviedo con Santiago de Compostela polo interior. Durante este roteiro guiado, os sendeiristas terán a oportunidade de percorrer dúas das súas etapas, desde A Fonsagrada ata O Cádavo, gozando da exuberante vexetación e achegándose a restos arqueolóxicos de gran valor.

A primeira etapa do percorrido levarase a cabo o sábado 20 de maio, cunha distancia de 26 quilómetros e unha dificultade alta. Tras pernoitar no albergue San Mateo no Cádavo, o segundo percorrido iniciarase o domingo 21 de maio, cunha distancia de 15 quilómetros e un nivel de dificultade medio. Ao finalizar esta segunda etapa, visitarase a cidade de Lugo para gozar de tempo libre e xantar, antes de regresar a Ares. O autobús partirá ás 06:30 horas do sábado e chegará ao núcleo da vila ás 19:30 horas do domingo no punto de encontro habitual, a Praza da Igrexa da localidade. A concellería de Deportes asignou un total de 25 prazas para esta actividade, que se cubrirán por orde de inscrición ata esgotar a cota.

 

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.