Volve a Burela Expomar do 10 ao 13 de maio

A organización prevé superar os 5.000 metros cadrados de espazo expositivo nesta destacada cita do mundo pesqueiro
270423 Presentación Expomar 2023

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, participou este xoves no Salón de Actos do Concello de Burela na presentación da Feira Monagráfica Naútico-Pesqueira Expomar, que se celebrará do 10 ao 13 de maio na localidade mariñá.

A cita, impulsada pola Fundación Expomar, conta coa colaboración económica da Deputación, “dentro do firme compromiso” da institución “coa Mariña e coa defensa da pesca na comarca. Da pesca como actividade comercial que xera unha importante aportación ó Produto Interior Bruto da nosa provincia, e tamén da pesca como un valor sociocultural, que representa un estilo de vida e de relación co territorio”. Fixo fincapé a deputada en que “a pesca é gastronomía, cultura, tradicións e un patrimonio etnolóxico de primeiro nivel, que forma parte dos sinais de identidade da Mariña, e que temos que preservar e potenciar no futuro”.

Neste senso, sinalou que “Expomar é unha ferramenta moi importante nesa defensa, pola súa aposta pola modernización e por adaptarse ás novas tendencias do mercado, e pola súa capacidade de debate arredor das normativas legais que afectan ó desenvolvemento desta actividade”. Ademais, trátase dun foro “do que saen cada ano propostas construtivas e ideas que contribúen a mellorar o sector pesqueiro”. Durante a presentación, García Bermúdez asegurou que Expomar “tense convertido nunha cita imprescindible, por suposto, na comarca da Mariña, pero tamén a nivel de Galicia e do conxunto do Estado”, polo que a Deputada felicitou á fundación promotora, ao Concello de Burela e ás institucións, entidades e persoas que fan posible estas xornadas.

A Feira Monagráfica Naútico-Pesqueira Expomar volve tralo parón da pandemia renovando a súa aposta pola pesca e a naútica en Burela do 10 ao 13 de maio. A organización prevé superar os 5.000 metros cadrados de espazo expositivo para o que habilitará como recinto feiral a nave de redes e unha carpa anexa ao porto. Durante os catro días de celebración o evento contará coas principais firmas, fabricantes e administracións vencelladas ao sector pesqueiro. O obxectivo é chegar ás boas cifras de negocio xeradas por expositores e visitantes profesionais durante a última feira do ano 2019, na que se acadron os 135 stands de expositores e máis de 350 marcas de diferentes países representados.

De forma paralela á feira, desenvolverase a 30 edición das Xornadas Técnicas e a 24 edición do Encontro Empresarial, dous eventos que ofrecen cada ano un valor engadido de interese para os profesionais e todas aquelas persoas vencelladas ó mundo do mar e da pesca.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.