«Fíos do querer» volta a Narón outro ano máis, esta vez no Pazo da Cultura

O vindeiro mércores 22 de xullo poderase disfrutar deste espectáculo en galego pensado para os máis cativos
12800308_856874937755514_8442158793960948859_n

Narón convoca unha nova actividade a través do Servizo de Normalización Lingüística, do programa Apego, de socialización de nenas e nenos en galego. A cita será o vindeiro mércores 22 de xullo nas instalacións do Pazo da Cultura -se as condicións meteorolóxicas o permiten, no exterior- e consistirá nun espectáculo de Cé Orquestra Pantasma: “Fíos do querer”. Ás 19.00 horas poderase ver este espectáculo, recomendado para menores de 0 a 6 anos e as súas familias e cun aforo limitado a 25 nenas e nenos que terán que estar acompañados por unha persoa adulta.

As persoas que desexen inscribirse poden facelo por correo electrónico, facilitando na dirección: [email protected] os seguintes datos: nome da actividade, nome e idade da nena ou neno, nome do nai, pai ou persoa acompañante, enderezo electrónico e un teléfono de contacto. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición e será obrigatorio o uso de máscara para as persoas adultas e menores a partir de 6 anos.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.